publicidade hoxe

O equipo de goberno de Ponte Caldelas reúnense cos veciños de Regodobargo para coñecer ás necesidades deste lugar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Reunión cos veciños

Reunión cos veciños

Os membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas reuníronse cos veciños de Regodobargo en plena rúa, xunto ao palco das festas, para continuar cos contactos previos á elaboración dos orzamentos que dean resposta ás principais necesidades que demandas os residentes nos 33 núcleos de poboación que conforman o municipio.

Andrés Díaz e Enrique Vidal, do PSdeG-PSOE; Alfonso Gutiérrez, de AVP e Lito Muíños do BNG tomaron boa nota das demandas expresadas polos veciños de Regodobargo que aproveitaron a presenza dos membros do equipo de gobernos para expresarlles a súa preocupación polo mal estado do palco das festas e un cobertizo anexo que ten graves problemas de humidade por danos no seu tellado.

Asimismo, os veciños reclamaron “para cando a economía municipal o permita” a construcción dunha casa do pobo que se convirta nun centro de reunión para os veciños e veciñas de Regodobargo que, por falla de este tipo de instalacións, teñen moi complicado xuntarse cando as condicións atmosféricas non acompañan.

Andrés Díaz es os tres concelleiros que asistiron á asemblea veciñal en Regodobargo tomaron boa conta desa e doutra peticións e informaron aos presentes da situación económica real do Concello, cunha débeda que supera o millón de euros, o que limita enormemente a acción de goberno e os desexos de solucionar axiña o maior número posible de peticións veciñais.

Aínda así, Díaz e os outros membros do equipo de goberno animaron aos veciños e comprometéronse a traballar arreo para sacar adiante a delicada situación económica pola que pasa o Concello e poder atender, pouco a pouco, os problemas más acuciantes que afectan aos veciños e veciñas deste municipio, independentemente de en que lugar residan.

ASEMBLEA VECIÑAL NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE CHAÍN 

Ao rematar a xuntanza en Regodobargo, os membros do equipo de goberno dirixíronse a Chaín onde mantiveron un encontro no Centro Sociocultural, inaugurado hai dos anos, e onde os veciños expresáronlle a súa preocupación por varios temas relacionados coa augas pluviais e as escorrentías procedentes do monte, así como de outras moitas cuestións das que tomou boa nota e por escrito o alcalde Andrés Díaz e o tenente de alcalde do BNG, Lito Muíños.

As cantareiras de Chaín solicitáronlle material ao Concello para construir un palco desmontable que tivera un uso versátil e que servira tanto para as actuacións dos seráns que acostuman a organizar como para atender calquera demanda cultural ou musical que se poidera dar. Os presentes tamén reclamaron unha axuda para mercar unha cociña industrial para poder dar resposta ás xornadas gastronómicas que organizan estes veciños no Centro Sociocultural de Chaín.

 

2 de outubro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.