publicidade hoxe

O deporte adaptado ten unha cita no Porriño este mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+

Un total de 18 equipos reuniranse este mércores 21 de outubro, no Polideportivo Municipal de O Porriño, onde disputarán os partidos da última xornada da Liga Galega de Baloncesto, para discapacitados intelectuais.

Nesta final na que se decidirán os novos campións das diferentes categorías, haberá emoción ata o último minuto, xa que as clasificacións están moi apertadas, polo que dende as 10.15 h poderemos ver uns 20 partidos en dúas categorías, competición e adaptada. Así se fixo coas anteriores xornadas, disputadas tamén no Porriño os pasados meses de marzo e maio. 

Na categoría competición, xogaranse 4 tempos, de 8 minutos cada un e en campo reglamentario; na categoría adaptada serán 4 tempos, de 6 minutos cada un en 5×5 e campo reglamentario. As formacións serán masculinas, femininas e mixtas.

Os equipos participantes son ASPANAEX, ASDAN, Saladino Cortizo, San Rafael, San Xerome, Escravas Virxe Dolorosa, Juan XXIII, Méndez Núñez, Saiar, Aceesca, Racing Chapela e Prioriño; e entre os 180 xogadores participantes, podemos atopar a deportistas con idades comprendidas entre os 20 e os 50 anos.

19 de outubro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.