publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dun vehículo articulado falece nun accidente en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosViana do Bolo
A-
A+
Europa Press

O condutor dun vehículo articulado faleceu tras sufrir un accidente en Viana do Bolo (Ourense), segundo informou a Garda Civil de Tráfico. O accidente tivo lugar ás 21,45 horas do mércores na estrada OU-533, no punto quilométrico 15.000, á altura do termo municipal de Viana do Bolo.

O vehículo articulado saíuse da vía e despeñouse, polo que o condutor quedou atrapado no seu interior. O falecido é un home de 39 anos, veciño de Cobreros (Zamora).

15 de outubro de 2015 | 10:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.