publicidade hoxe

O Concello do Grove traballa nunha ordenanza para o que entidades privadas paguen taxas de uso de espazos públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Dende hai xa tempo o Concello do Grove recibe numerosas solicitudes para o uso de instalacións municipais por parte de entidades privadas. A inexistencia dunha ordenanza reguladora de taxas por este tipo de usos provoca un “baleiro” que foi aproveitado por esas entidades para distintas actividades.

O goberno local considera necesario que se priorice o uso público das instalacións existentes, e deste xeito dende o mes de xullo, estase traballando nunha ordenanza na que se establecen unhas taxas de uso destes espazos, eximindo das mesmas ás entidades culturais, recreativas, sociais, benéficas e sen fins de lucro. Deste xeito garántase que non se realicen actividades con fins comerciais ou lucrativos en espazos públicos. 

O borrador desta taxa foi remitido ós voceiros os grupos municipais para a súa revisión e discusión co obxectivo de sometelo á aprobación do pleno do mes de novembro. 

22 de outubro de 2015 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.