publicidade hoxe

O Concello do Grove consolídase como un dos máis concienciados co reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Un ano máis, O Grove volve a ser un referente na xestión dos residuos, acadando datos moi positivos tanto na reciclaxe de papel e cartón como da de vidro e envases. No relativo ó papel e cartón os datos recollidos indican que, ó final de ano, terase recollido un 5% máis que no 2014 e un 6% máis que en 2013. Deste xeito O Grove triplicaría a media de reciclaxe en España, situada en 14,7 quilos por habitante ao ano, chegando á cifra de 34 quilos.

No referido ao vidro, constátase un incremento paulatino durante o ano que situará o aumento un 3% con respecto a 2014, acumulándose unha suba de 6 puntos dende o ano 2013. Para ter unha referencia das vosas cifras neste tipo de reciclaxe, podemos tomar como referencia o dato das Illas Baleares, a comunidade autónoma onde máis se recicla vidro en España, con 31,1 quilos por habitante ao ano. No caso do Grove a cifra sitúase en 37,5 quilos, o que constata a boa marcha deste hábito de reciclaxe.

No caso da recollida de envases lixeiros, establécense cálculos que igualan a recollida do ano anterior se ben dende o 2013 se acumula un aumento do 4,5%. Debemos ter en conta que O Grove, tamén no relativo a este material, móvese nunhas cifras excepcionais xa que se recolle unha media de 24,5 quilos por habitante ao ano, cando a media no estado español se sitúa en 12,3 quilos.

Todas estas cifras se repercuten moi positivamente na redución dos desperdicios recollidos nos colectores de orgánico (bolsa negra) e supoñen unha previsión de un descenso nesta recollida. No ano 2014 foron 4.694,54 toneladas e este ano agárdase unha cifra algo inferior. Deste xeito constátase que o ano 2015 supón unha maior actividade no relativo á reciclaxe evitando o aumento do lixo que se trata en SOGAMA.

O positivo dos datos permite continuar na liña de traballo marcada e augura unha posible melloría coa implementación de proxectos pioneiros neste eido que serán postos en marcha nos vindeiros meses. 

22 de outubro de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.