publicidade hoxe

O Concello de Teo convida a un foro da igualdade aos colectivos sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo convoca un Foro da igualdade ao que pode asistir calquera persoa interesada e ao que se convidou a diferentes colectivos sociais. Ignacio Iglesias, concelleiro de Igualdade destaca que “este encontro participativo parécenos fundamental para avanza na elaboración do III Plan de igualdade municipal”.

O Foro da igualdade celebrarase o mércores 14 de outubro entre as 19.30 horas e as 21.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, na Ramallosa. Dende o departamento de Igualdade convidouse a asociacións veciñais, culturais, deportivas, forzas de seguridade, traballadores municipais… Trátase de que o encontro sexa o máis representativo e transversal posible para que dende aí se poida deseñar unha estratexia de actuación pública na promoción da igualdade e mellora da calidade de vida das mulleres teenses.

Dende o Concello enténdese que nesta fase de traballo de elaboración do plan é interesante a relación coas entidades e colectivos cidadás, co obxectivo de debater unha proposta de áreas e actuacións.

No Foro farase unha breve presentación da proposta de áreas e actuacións sobre as que se asenta o Plan para dar paso a un espazo de participación e debate. 

8 de outubro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.