publicidade hoxe

O Concello de Soutomaior forma a 42 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, clausurou esta semana no Multiusos de Arcade os cursos de formación municipal coa entrega de diplomas aos 42 alumnos que superaron con éxito algún dos catro ciclos que se impartían nos dous centros homologados que dispón o Concello. Ao acto non puideron asistir todo os participantes xa que algúns xa atoparon emprego e outros están a realizar nestes momentos as correspondentes prácticas.

En total impartíronse catro cursos con Certificado de profesionalidade de nivel 2, sumando un total de máis de 2.000 horas de formación. Trátase dos ciclos de Emprego Doméstico, Actividades administrativas en Relación co Cliente, Atención Socio sanitaria a persoas no domicilio e Atención Socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Ademais de módulos teóricos específicos como o de atención ao cliente no proceso Comercial, gravación de datos, xestión de arquivos, ofimática e lingua estranxeira profesional, os ciclos de maior duración tamén comprendían unha fase de prácticas de 120 horas na que os alumnos teñen a oportunidade de demostrar as súas novas habilidades profesionais en empresas de toda a comarca.

Durante a entrega de diplomas, o alcalde destacou a importancia de contar cunha boa formación “á hora de integrarse nun mercado laboral moi competitivo”, e anunciou que, por parte do Concello de Soutomaior, solicitaranse novos cursos para “continuar ofrecendo a todos os veciños a oportunidade de ampliar os seus coñecementos e especialización, de maneira que poidan mellorar a súa cualificación profesional e facilitar a súa inserción laboral.

O obxectivo destes ciclos non é outro que o de desenvolver políticas que xeren emprego cunha dimensión local ademais de supor unha mellora na empleabilidad dos alumnos grazas á súa formación teórica e a súa gran especialización profesional, ao ser un programa enfocado fundamentalmente aos coñecementos prácticos. A iniciativa está enmarcada dentro do plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia e financiada pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo en colaboración co Concello de Soutomaior.

9 de outubro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.