publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Mondariz transmite á Xunta a necesidade de rematar a separación da rede de saneamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Mondariz

Cores Tourís na reunión co alcalde de Mondariz

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Bugarín, e a tenente alcalde do municipio, Mónica Peralba, co obxectivo de analizar varias demandas do Concello.

Deste xeito, Xoán Carlos Bugarín presentoulle a Cores Tourís o proxecto para o remate da separación de pluviais e fecais no casco urbano deste concello pontevedrés, de xeito que se poida enganchar coa rede que se está a executar nestes intres e que conectará o saneamento de Mondariz coa depuradora de Mondariz Balneario.

“O obxectivo é rematar esta rede, xa que con anterioridade a Xunta de Galicia xa se fixo cargo da separación de pluviais dende o centro ata a ponte do Val, polo que só quedaría este treito e, deste xeito, optimizaríase o servizo e non sobrecargaríamos a EDAR de Mondariz-Balneario”, explicou Bugarín Montes.

Aproveitando esta obra, ademais, tamén se reporían as tubaxes de abastecemento que se atoparan en mal estado.

Por outra banda, o alcalde de Mondariz tamén trasladou a Cores Tourís a demanda presentada polo Partido Popular e aprobada no pleno municipal “por unanimidade” e que ten coma obxectivo propor á Xunta que execute a eliminación das curvas da PO-252, situadas antes do tramo que foi reformado polo anterior Goberno municipal. “Trátase dun trazado perigoso no que xa se produciron varios accidentes e que, ademais, da acceso a área fluvial”.

O delegado territorial recolleu ambas demandas e trasladoulle aos representantes do concello de Mondariz que serán estudadas de cara a súa viabilidade.

21 de outubro de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.