publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Curtis mellora a seguridade viaria en varias pistas cun investimento de 107.681 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, visitou as obras xa finalizadas de varias pistas de titularidade municipal incluídas na quinta fase do Plan de Mellora da Rede Viaria, na que o concello investiu este ano un total de 107.681,98 €.

As intervencións permitiron a mellora da seguridade dos viarios que dan acceso ás vivendas na aldea da Baiuca, así como da pista de Vilardois a Maques e de dous tramos na pista de Codeso e As Merelas. Neste último núcleo, ademais, procedeuse á drenaxe.

9 de outubro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.