publicidade hoxe

O Concello de Catoira convoca un concurso de cabazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O Concello de Catoira ten en marcha a programación da XVI Procesión de Caveiras. Nesta edición, inclúese como novidade un concurso de cabazas, no que poderá participar calquera persoa que entregue este xoves pola tarde unha cabaza decorada na Biblioteca Pública Municipal. As bases do concurso poden consultarse na web municipal.

O fallo dos premios do concurso de cabazas terá lugar o venres 30 ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. A continuación, ás 21:30 horas, a Escola Municipal Úrsula Teatro estrea a obra “Se te esquences da moura”.

SINOPSE-. O día que vos esquenzades de min, eu deixarei de ter poder para protexervos e ese día o mal chegará ó pobo…Unha dama co poder de sanar, unha profecía, un grupo de nenos malignos e o soño dun pobo para espertar do pesadelo: a combinación perfecta para unha noite de Samaín.

O sábado pola tarde, ás 17:30 horas, haberá un obradoiro de maquillaxe infantil no Pavillón Municipal de Deportes. Desde este mesmo lugar partirá ás 19:00 horas a Procesión de Caveiras. Pechando a comitiva irá, coma sempre, a Banda de Música de Catoira. Ó rematar a procesión, os participantes poderán degustar de balde castañas asadas e doces de cabazo.

28 de outubro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.