publicidade hoxe

O Concello de Cangas obriga a Augas de Galicia a acatar a legislación en materia de Medioambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Augas de Galicia comunicou hoxe á Concelleira de Servicios e a Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cangas que realizará traballos de conservación e mantemento do dominio público hidráulico, dominio que corresponde cos 5 metros de cada marxe dos ríos do término municipal de Cangas. Nesta ocasión realizarán a limpeza e o saneamento das marxes do Rio Puntillón-Camiño Vello no seu tramo principal de 1,8 kms de lonxitude. As actuacións a realizar en breve serán o desbroce selectivo da masa de matorral que impide o acceso á zona de servidumbre e a retirada de árbores caidos e atrancos producidos por arrastres. “Trátase de unha limpeza e saneamento evidentemente necesario e solicitado en reiteradas ocasións polo concello como portavoz das peticións veciñais. É imprescindible que as institucións se responsabilicen dos seus dominios e agardamos que esta sexa a segunda de tódalas limpezas necesarias para deixar as marxes dos nosos ríos transitables e poder disfrutar así de novas rutas de sendeirismo ligadas aos ríos.” comenta Tania Castro, Concelleira de Medio Ambiente, recordando que nos 4 meses de goberno da xente xa se limpou o Rio Orxas e, en breve, o Puntillón. “Diso se trata unha boa xestión, de insistir até que as institucións solventen os problemas da veciñanza. Ao goberno da xente non nos para non ter orzamento, traballamos con o usen presuposto. As veces, coma neste caso, é cuestión de vontade e liderazgo”.

Os traballos serán realizados por operarios contratados por Augas de Galicia que utilizarán motoserra e desbrozadora como ferramentas para tal fin.

Recordamos que Augas de Galicia ten a obriga de manter en perfecto estado hixiénico-sanitario, así como nos termos de seguridade lexislados, o dominio público hidráulico que se corresponde con 5 metros de sección a cada marxe dos rios do término municipal. Augas de Galicia non estaba cumplindo con esta obriga ata a cegada do novo goberno. 

26 de outubro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.