publicidade hoxe

O Concello de Cangas contratará 34 traballadores a través do plan de emprego da Diputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Cangas unha subvención a través do II Plan de Conservación de Bens e Servizos Municipais para a contratación de 34 traballadores para servizo e funcionamento do concello. Esta mañá, máis de 100 persoas convocadas polo Servizo Público de Emprego acudiron ao salón de plenos do Concello para recoller as bases dos postos ofertados.

As prazas que se ofertan son: 12 peóns agrícolas, 5 xardineiros, 1 condutor, 6 varredores, 1 peón electricista, 2 peóns albaneis, 2 peóns de sinalización viaria, 1 conserxe, 1 técnico de turismo, 2 técnicos en xestión forestal e medio natural e 1 auxiliar administrativo. Os contratos serán a tempo parcial, de 35 horas semanais, por un período de dous meses.

A Tenente de Alcalde, Mercedes Giráldez, e técnicos municipais entregaron aos aspirantes as bases e normas a seguir no proceso de selección, así como a data e hora na que deben presentarse cada un. As probas para a selección do persoal aspirante terán lugar o vindeiro luns e martes. As bases destas están expostas ao público no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web (www.cangas.org). 

22 de outubro de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.