O CIM do Carballiño inicia os cursos dirixidos as mulleres para ampliar a súa formación na búsqueda de emprego
O Centro de Información ás Mulleres do Concello do Carballiño inciou, en colaboración coa ASOCIACIÓN POLA IGUALDADE E A COEDUCACIÓN O PROGRAMA EU, NÓS E O EMPREGO composto por tres obradoiros:
1. Búsqueda activa de emprego
2. Preparación do curriculum vitae.
3. Técnicas asertivas
A concelleira Marina Ortega sinala que o programa está orientado a promover cambios nos paradigmas laborais e profesionais. Segundo a mesma, “partimos da persoa e as súas potencialidades e aproveitamos a forza do grupo para optimizar a procura de emprego”.
As participantes traballarán en descubrir o seu potencial e o seu talento, en mellorar as súas habilidades e en ser máis proactivas e eficientes para mellorar a súa empregabilidade.
En total son 20 mulleres as inscritas neste obradoiro, que desenrolarse ata o mes de decembro na aula CEMIT do concello do Carballiño , ubicada no segundo andar da Casa Consistorial.