O CIM do Carballiño conciencia na violencia de xenero aos alumnos da vila
O concello do Carballiño a través do CIM levará a cabo mañá 28 de outubro en diferentes centros educativos da vila a actividade: “Violencia de xénero e o novo contexto dixital” obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, preferentemente expostos a situacións de violencia de xénero.
A concelleira de Benestar, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, indica que este tipo de actividades contribuen á loita contra a violencia de xénero dende a intervención sobre os nosos cativos. E concretamente é preciso incidir no novo contexto dixital, xa que é onde se está a observar un novo tipo de violencia.
Esta actividade foi programada dende a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia , no marco do acordo de colaboración asinado entre este departamento e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero,.