publicidade hoxe

O Carballiño recupera a tradición das Tapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O edil de Turismo Manolo Dacal mantivo esta pasada semana unha reunión cos hosteleiros da vila para retomar , despois de catro anos sen celebrarse, a tradición das tapas, creando novamente a ruta das tapas e implicando a cantos máis locais mellor. A idea, que foi aceptada polos profesionais, é ofertar cada mes una fin de semana de tapas nos bares carballiñeses.

No mes de novembro esta cita cas tapas será dobre, na primeira e na ultima fin de semana, continuando os seguintes meses en una fin de semana. Ademáis, e como novidade desta edición, se ofrecerán tapas de tempada, dando así unha maior importancia os productos autóctonos, e buscando tamen manter e recuperar tradicións gastronómicas.

Por outra banda os participantes nestas xornadas de tapas, os clientes, deberán sellar alomenos una tarxeta con seis locais nos que tomaron esas tapas, olongo da tempada. Esas tarxetas eladas se depositarán nunha furnam e no mes de maio celebrase un sorteo, para o que están programados importantes premios. Así mesmo os clientes valorarán cada tapa que degusten, e o final darase o premio o local que mellor puntuación teña durante a tempada.

Neste aspecto Manolo Dacal sinalaba que “imos dar moita importancia a claidade e a presentación das tapas, xa que o que pretendemos é ofrecer o que mellor ten O Carballiño, unha gran gastronomía e unos grandes profesionais”. Cada mes serán presentadas as tapas que durante ese perido de tempo se ofrecerán nos bares que participan nesta actividade. 

Con esta actividade o concello, a traveso da súa área de turismo, prentende dinamziar a actividade na vila, atraendo público de fora do municipio, para favorecer o crecemento tanto da hostelería como o comercio local.

26 de outubro de 2015 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.