publicidade hoxe

O Burela enfróntase este venres ao Carballiño en Vista Alegre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén B saltará á pista de Vista Alegre mañá, coa visita do Pazo Tizón O Carballiño FS (20.00 horas), na quinta xornada de Terceira División.

Os pupilos de Juanma Marrube recibirán a un rival moi motivado, que chega á Mariña tras conseguir os seus primeiros puntos da liga nunha cita goleadora ante o Peugeot Vilalba FS (10-5).

A Estrada FS 6-1 Burela FS

O cadro laranxa non puido dar a sorpresa na complicadísima pista da Estrada FS (6-1). A pesar do 4-0 ao descanso, o Burela FS B regresou para pelexar por darlle a volta ao marcador, aínda que a desvantaxe pesou demasiado animicamente. Alemán foi o autor do único tanto mariñán, no minuto 29, anotando el 5-1.

29 de outubro de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.