publicidade hoxe

O Burela clasifícase para oitavos de copa con hattrick de Chano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Encontro de O Parrulo e o Burela

Encontro de O Parrulo e o Burela

O CD Burela FS Pescados Rubén clasificouse para oitavos de Copa do Rei tras imporse esta noite a O Parrulo FS (1-3), con hattrick de Chano. Ribera Navarra será o seguinte rival dos laranxas, que viaxarán a Tudela a próxima semana.

Este non só foi o partido do 11 burelista. “Foi un partido complicado. O traballo do equipo foi o que nos sacou adiante. Hoxe todos os xogadores demostraron unha gran actitude; todo o equipo estivo moi ben, aínda que nos faltou gol, xerando moitas ocasións” valoraba así a cita o técnico da Mariña, Daniel Ibañes. 

O Pescados Rubén xa se puxo por diante no minuto 4 con Chano, que volveu ampliar distancias na recta final antes do descanso, abanderando a aposta de cinco. No segundo período, os de Burela optaron por porteiro-xogador rozando a medianía do tramo  e o 11 laranxa atopou o seu triplete fronte á portaría ferrolá, no minuto 36. O Parrulo FS 

“Agora xa toca pensar en Zaragoza; espero que estas dúas últimas vitorias axúdennos tamén en estar máis acertados de cara a portaría” facía referencia así Daniel Ibañes ao próximo compromiso dos mariñáns, o desprazamento en liga á pista do DLink Zaragoza (sábado 10, 13.00 horas, Teledeporte).

7 de outubro de 2015 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.