publicidade hoxe

O Auditorio de Ribadumia acolle un Festival de Bandas Infantís e o estreo da película “O Fillo de Manuel”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia programa para este fin de semana dúas propostas culturais para os amantes da música e do celuloide. Por un lado, o sábado 17 de outubro, o Auditorio acollerá unha actuación musical co Festival de Bandas infantís que correrá a cargo da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. A hora está programada para as 19:00 e a entrada é gratuíta.

“O fillo de Manuel”

Por outro lado, o domingo 18 de outubro, os veciños de Ribadumia poderán asistir ó soado estreo de “O fillo de Manuel”, película rodada no Salnés e interpretada por personaxes da compañía de teatro Alecrín de Ribadumia.

A demanda para o estreo foi tal que o Concello de Ribadumia decidiu facer no mesmo día unha segunda proxección ás 21:15 horas para que ninguén se perda a actuación dos veciños do Concello. 

As entradas para o primeiro pase xa están esgotadas, pero os interesados que aínda non se fixeron coa súa poderán adquirir a entrada para o segundo pase (21:15 horas) o mesmo día da proxección a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal. 

Esta historia que está a ter tanto éxito entre os veciños do municipio enmárcase no rural dos anos corenta, onde “os costumes mestúranse coa historia dunha parella á que a emigración marca o seu destino”. 

Despois de dous anos de esforzo, o filme dirixido e producido por José Rodríguez Carro,  chegará ó publico no Auditorio Municipal de Ribadumia o vindeiro domingo en dúas sesións (19:00 e 21:15 horas) para que a xente do Salnés poida ver ós amigos e veciños que actúan na película –máis da metade do grupo Alecrín- e recoñecer as marabillosas paisaxes que ofrece a zona da nosa comarca.

 

16 de outubro de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.