publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde socialista do Barco proclámase presidente da Fegamp

Europa Press

O alcalde socialista do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, foi proclamado este venres presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ao recibir 674 votos dos 1.754 depositados. Contará co rexedor de Oroso (A Coruña), o tamén socialista Manuel Mirás Franqueira, como vicepresidente executivo.

Por detrás, o primeiro edil de Cervo (Lugo), Alfonso Villares (PP), consegue a vicepresidencia primeira ao sumar 605 papeletas; e o alcalde nacionalista de Carballo (A Coruña), Evencio Ferrero, queda coa vicepresidencia segunda tras recibir 250 apoios.

Deste modo, a lista alternativa impulsada polas mareas e que motivou que PSOE, PP e BNG presentasen a súa propia en lugar dunha plural, queda sen ningún cargo, con 208 sufraxios, pois os socialistas cederon uns 70 votos ao BNG para que puidese manter a súa representación institucional.

Así é que o alcalde de Sada (A Coruña), Benito Portela, non accederá a unha das vicepresidencias, malia que as mareas recordaron que foron a terceira forza política nas eleccións municipais. E é que, argumentaron, representan uns 600.000 cidadáns de Galicia. Si contarán con representación na comisión executiva e o consello federal da Fegamp.

30 de outubro de 2015 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.