publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Laxe compara o terremoto con unha explosión de gas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Laxe (A Coruña), José Manuel Mouzo, comparou a percepción no municipio polo terremoto rexistrado este xoves, de 2,7 graos de magnitude, coa “dunha explosión de gas”, pero remarcou a ausencia de incidencias.

En declaracións, o alcalde explicou que houbo “sorpresa” entre os veciños, pero tamén “tranquilidade”, despois de que este xoves, sobre as 00,17 horas, se rexistrase un terremoto, considerado débil, con epicentro a 11 quilómetros de profundidade.

“Foi como unha explosión de gas”, dixo sobre o que escoitaron e percibiron os veciños. Tamén explicou que non se moveron os obxectos aínda que, polo menos no seu caso, si percibiu o movemento da vivenda. Ao ser pasadas as doce da noite, engadiu que a moitos dos residentes no municipio “colleunos durmindo”.

No seu caso, estaba esperto e saíu ao exterior onde comprobou como algúns veciños saían tamén á rúa, mentres outros preferían quedar nas súas casas.

Con todo, precisou que non houbo chamadas por incidencias ao Concello. Por outra banda, o rexedor confirmou que en Laxe houbo outros terremotos con anterioridade. “Pero nunca o sentín como este”, dixo sobre o percibido nesta ocasión.

15 de outubro de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.