publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Cabanas foi absolvido dun presunto delito de desobediencia polo derrubamento dun edificio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Cabanas (A Coruña), Germán Castrillón (PP), foi absolvido polo Xulgado do Penal número 2 de Ferrol, dun presunto delito de desobediencia que se lle imputaba por non executar ata o momento dous sentenzas de derrubamento parcial do edificio O Penso, situado neste municipio, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O alcalde popular tivo que sentar o banco dos acusados tras a demanda presentada por un veciño desta localidade, que foi tamén o que promoveu as denuncias sobre o incumprimento da legalidade urbanística do devandito inmoble.

A acusación particular solicitaba para o Germán Castrillón unha pena de económica de nove meses de multa, a razón de 60 euros diarios, ademais dunha inhabilitación para poder desempeñar emprego ou cargo público durante un período de 15 meses, así como o pagamento das costas, incluídas as da acusación particular. Pola súa banda, a defensa do rexedor da bisbarra do Eume solicitaba a absolución do demandado.

“SATISFACCIÓN”

O alcalde de Cabanas, mostrou a súa “satisfacción” por esta sentenza absolutoria. “Eu sempre confiei na xustiza e cría e pensaba que a resolución absolutoria chegaría”, sinalou.

Germán Castrillón tamén trasladou que sempre traballou “para cumprir a sentenza de derrubamento parcial do edificio” do Penso e “seguiremos ata conseguir este obxectivo”.

Segundo a actual legalidade urbanística, as dúas últimas plantas deste inmoble deberían de ser derrubadas entre outubro do 2008 e outubro do 2013, período no cal se ditaron un total de 19 autos para a execución destas resolucións.

O goberno municipal do Concello de Cabanas intentou executalas, malia a oposición dun grupo de propietarios e o escaso presuposto municipal. Están xa adxudicadas a día de hoxe á empresa construtora Prace a primeira das fases desta actuación, a pesar dos problemas que seguen poñendo algúns dos propietarios e tamén algúns familiares.

Segundo a sentenza ditada, e dada a coñecer este martes a Germán Castrillón, “quedou demostrada a vontade do acusado de facer cumprir estas sentenzas ao longo dos últimos anos”.

27 de outubro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.