publicidade hoxe

O alcalde da Laracha recibe a Dani Remuiñán, campión galego de Quadcross Q1

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Recepción a Daniel Remuiñán

Recepción a Daniel Remuiñán

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira delegada da área de deportes, Patricia Bello, recibiron na Casa Consistorial a Dani Remuiñán, larachés residente na parroquia de Lemaio que recentemente se proclamou campión galego de Quadcross Q1, a máxima categoría nesta modalidade deportiva de motor.

Dani Remuiñán logrou o título con absoluta superioridade tras vencer en todas as mangas de todas as probas disputadas do Campionato Galego neste ano 2015. A última delas foi a celebrada no circuíto ourensán de Gomesende. 

Os representantes do goberno local obsequiaron a Dani Remuiñán cunha figura conmemorativa. O piloto tamén agasallou á Corporación municipal cedendo un dos trofeos logrados neste ano, precisamente o da última proba no circuíto de Gomesende que lle deu o título de campión galego. 

Na reunión o alcalde e a concelleira felicitaron a Dani pola súa excelente temporada, desexándolle tamén os maiores éxitos tanto nas próximas probas que disputará fóra de Galicia como na campaña do ano 2016.

O piloto larachés, que este xoves cumprirá os vinte anos, comezou moi novo a competir en deportes de motor. Xa no ano 2011, con dezaseis anos de idade, proclamárase campión galego de Quadcross en categoría Q2 e en 2012 xa fora subcampión autonómico en Q1. No seu excelente palmarés tamén conta desde 2013 con destacadas participacións en probas de Quadresistencia celebradas en Cataluña, Castela León e Portugal. 

O Concello da Laracha é un dos patrocinadores de Dani Remuiñán e colabora –por medio dunha subvención no marco da convocatoria de axudas aos deportistas máis destacados a nivel individual- co piloto de quads e o seu equipo nos gastos derivados da súa participación nas diferentes probas a nivel autonómico, estatal e internacional

20 de outubro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.