publicidade hoxe

O alcalde da Lama e Cores Tourís asisten ao comezo do proxecto documental integrado do colexio lamense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Visita de Jorge Canda e Cores Tourís ao centro

Visita de Jorge Canda e Cores Tourís ao centro

O alcalde da Lama, Jorge Canda, e o delegado da Xunta  en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, asistiron ao comezo do Proxecto Documental Integrado (PDI) posto en marcha pola comunidade educativa do colexio lamense e que comezaron cunha festa con manualidades e cancións na Alameda.

Canda e Tourís entrevistáronse co director do centro educativo, Rafael Sánchez-Agostiño quen lles informou que este ano o PDI escollido polo colexio viraría ao redor da protección dos ecosistemas e a vida de animais e plantas.

Os nenos e profesores, xunto con algúns pais, participaron dunha xornada matinal, acompañada polo bo tempo, na que realizaron manualidades utilizando as castañas e as landras como elementos fundamentais e cantaron cancións infantís ao son dunha guitarra que tocaba o propio director do colexio.

Segundo Rafael Sánchez-Agostiño, a intención desta actividade é favorecer a aprendizaxe entre o alumnado dunha forma lúdica e divertida e que teña como nexo de unión os valores ecolóxicos e de respecto ao medio ambiente tan importantes para o futuro da contorna natural da Lama e do mundo.

7 de outubro de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.