publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Moexmu fixa datas de celebración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXXII edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, comenzou coas súas reunións de traballo o pasado mes de agosto. A data de celebración serán entre o venres 1 e o domingo 3 de abril do 2.016, e as edicións a celebrar son:

- XXXII edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu
- XXX Concurso de Gando Frisón
- XXX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega
- XX Poxa de Gando Selecto.

Dende o ano 1.987 se leva celebrando e apoiando a gandeiría, en especial a da provincia de Lugo, sobre todo nos momentos máis compricados, como cando foi a enfermidade das “vacas tolas”, e hoxe en día, cos momentos de apuro que están a pasar os gandeiros. Trinta anos apoiando de concurso e exposición e sempre o rural.

Pola súa parte, a XXV edición da Festa de Filloa (as vodas de prata), celebrarase, coma sempre, o primeiro de maio, este ano domingo, mentras que o xantar de agradecemento aos colaboradores, será o 8 de maio. Ten a consideración de Festa de Interese Turístico de Galicia dende o 20 de febreiro do 2.008, concedido por parte da Xunta de Galicia á proposta da Consellería de Innovación e Industria.

Continúa a sexta rotación das comisións organizadoras, sendo os compoñentes deste ano os seguintes empresarios:

- José Darriba Hermida – que será a cuarta vez que presida a MOEXMU, o fixo anteriormente nas edicións dos anos 2.000, 2.005 e 2.010.
- Mari Celi Cruña Anllo – nova incorporación
- Dario Freire Novo
- Julio Francos Grandío
- José Ángel Maseda Canto
- José Antonio Morán Puente
- Guillermo Tojo Fuentes – nova incorporación

Julio Francos Grandío e José Antonio Morán Puente, son os únicos que seguen dende que esta comisión comenzara as súas rotacions no ano 1.990, e igualan a Manuel Seijas Vázquez, Carlos García Teijeiro e Avelino García Parga nas personas que máis veces organizaron a MOEXMU, seis veces cada unha deles.

Esta comisión organizadora, levou a cabo a MOEXMU nas edicións dos anos: 1.990, 1.995, 2.000, 2.005, 2.010 e neste ano 2.016.

Ao longo das vindeiras semanas iranse concretando reunións de traballo tanto con colaboradores coma para as actividades que ao longo do ano vindeiros se celebrarán no Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta.

28 de outubro de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.