publicidade hoxe

Moendo Muiñeiras represéntase en Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

O sábado 17 de outubro, ás 20.30 h., o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación de Moendo Muiñeiras. Trátase dun espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e música.  Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.

Sipnose: Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño? Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar as súas orixes. Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofia e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.

O aforo é limitado e a entrada ten un prezo de 5 euros.

 

9 de outubro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.