publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio cento de cativos do Cordo Boullosa dibuxaron petróglifos con motivos rupestres da área arqueolóxica de Tourón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Cativos debuxando

Cativos debuxando

Un total de 54 nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 e 5 anos pertencentes ao Colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas participaron nun obradoiro de elaboración de petróglifos dirixido pola técnica municipal María Martínez Regueira.

O obradoiro consistiu en calcar diferentes siluetas das diferentes figuras que podemos atopar nos petróglifos da Área Arqueolóxica de Tourón sobre unhas tabliñas enteladas para logo pinta-las figuras. 

Os cativos puderon deste xeito levarse como recordo o froito do seu traballo que fixeron en colaboración coas mestras das distintas aulas onde están escolarizados estes alumnos de Primaria.

Con esta iniciativa o Concello de Ponte Caldelas e o colexio Cordo Boullosa queren establecer un vencello permanente entre os nenos e nenas co patrimonio arqueolóxico que posúe este municipio ao tempo que se desenrolan iniciativas lúdico-educativas de gran interese para os cativos

9 de outubro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.