publicidade hoxe

Máis de 300 persoas participaron na charla informativa sobre a vespa velutina en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Asistentes á charla

Asistentes á charla

Mais de 300 afectados de toda Galicia déronse cita o pasado domingo día 25 de outubro ás 11:00h, no Centro Neural de Gondomar, para asistir á charla informativa sobre a vespa velutina coñecida coloquialmente como vespa asiática. O aforamento quedou pequeno ante a asistencia de centenares de afectados. Tamén foi presentado o material adquirido polo concello de Gondomar que consiste nunha pértega e un traxe de seguridade para retirar niños.

 A charla foi presentada polo alcalde de Gondomar Paco Ferreira e a concelleira de medio ambiente Jimena Varela, ambos encargados e precursores desta iniciativa. O concello de Gondomar organizou dita charla impartida por Suso Asorey secretario-técnico da asociación AGA, Asociación Galega de Apicultura. Esta actividade  consistiu básicamente nunha charla informativa para os  afectados da praga de vespa Velutina. Procedeuse a realizar unha mostra sobre como colocar trampas para capturar raíñas fundadoras nas zonas onde está presente esta vespa e así evitar o maior número posible de niños para o verán.  Tamén se informou de como actuar en caso de avistar niños desta especie invasora. Varios apicultores do Val Miñor, que actualmente traballan desinteresadamente na erradicación de niños, compartiron as súas experiencias á hora de retirar niños de vespa Velutina. Mais de 50 niños foron retirados por estes apicultores nas últimas dúas semanas.

26 de outubro de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.