publicidade hoxe

Magosto solidario no parque Ramón Barba de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O concello de Cambre organiza un magosto solidario o vindeiro venres día 30 de outubro no parque Ramón Barba co obxectivo de recoller alimentos para a Despensa Municipal. Así, con cada doazón de alimentos farase entrega de castañas que serán preparadas polos voluntarios.

Trátase de sensibilizar á poboación da situación de dificultade pola que atravesan decenas de familias Cambre. No caso de que a choiva impida a celebración  do magosto, o acto trasladarase ao pavillón polideportivo de O Graxal, anexo ao parque. Todo iso complementarase coas actividades programadas pola AEC e a AAVV de Costa da Tapia, entre as que destacan as actuacións de música e obradoiros infantís, inchables, exhibición de zumba, churrascada ou gaiteiros.

O concelleiro de Benestar, Jesús Bao, destaca a colaboración de entidades e asociacións para a celebración do acto. Así, O CEIP Torrente Ballester colaborará recollendo castañas esta mesma semana no monte próximo ao centro educativo. Ademais, Eroski doará un milleiro de botellas de auga, Gadis cen quilos de castañas e Axiña, os inchables que se instalarán no parque.

27 de outubro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.