publicidade hoxe

López Abella reúnese coa alcaldesa de Mondoñedo para analizar as axudas recibidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+
López Abella na reunión coa alcaldesa de Mondoñedo

López Abella na reunión coa alcaldesa de Mondoñedo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, para analizar as axudas e subvencións que Igualdade concedeu ao Concello dende o ano 2009, que ascenderon a 152.000 euros; na súa maioría, o 94 por cento, para o mantemento do Centro de Información á Muller (CIM).

Con esas axudas tamén se financiaron programas de promoción de Igualdade, concretamente actividades de coeducación, e o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (PIOM) do Concello de Mondoñedo.

Susana López Abella valorou moi positivamente que o Concello de Mondoñedo pertenza á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, que actualmente xa conta con 158 concellos galegos adheridos.

1 de outubro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.