publicidade hoxe

Limpeza de cemiterios en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

A brigada de operarios municipais, do mesmo xeito que en anos anteriores está a realizar o programa de limpeza e acondicionamento aos distintos cemiterios e igrexas parroquiais do Concello.  Estes traballos realízanse de forma periódica ao longo do ano pero intensifícanse nesta semana con motivo da festividade do Dia de Todos os Santos. As tarefas realízanas os membros da brigada especializada en rozas. As tarefas que realizan consisten en roza manual e con cortacésped á vez que outros recollen os residuos creados. Do mesmo xeito procederase ao aceso das iluminacións dos cemiterios e igrexas, que durante o resto do ano permanece apagado ou baixo mínimos para contribuír ao aforro enerxético enmarcado dentro do programa de medidas para reducir os gastos correntes do municipio.

Ademais das tarefas de roza, realízanse melloras nos accesos aos cemiterios e a limpeza perimetral dos mesmos para facilitar o aparcadoiro dos vehículos. Igualmente instalaranse colectores para reforzar o servizo e que os cidadáns teñan todas as comodidades.

Estas tarefas englobámolas no PLAN DE ROZAS ANUAL que executa o goberno local e que intensifica nestes últimos anos debido ás condicións climatolóxicas. Isto fai que ao longo de todo o ano teñamos a uns operarios limpando pobo por pobo desde un extremo até o outro extremo do municipio.Este plan engloba tamén os traballos de conservación nas marxes das estradas e nas cunetas, así como o acceso aos núcleos de poboación. Estas tarefas son as que está a realizar o outro grupo de traballadores municipais. 

28 de outubro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.