publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lete Lasa visita as obras acometidas na pista do polideportivo municipal de Lourenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLourenzá
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou no día de hoxe as obras realizadas no polideportivo municipal de Lourenzá, actuacións financiadas pola secretaría xeral para o Deporte e executadas polo concello. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado pola delegada da Xunta e pola alcaldesa da localidade.

A actuación supuxo un investimento de 50.000 euros, e consistiu na colocación dun novo solado na pista, procedendo de forma previa, ao fresado e aspirado das zonas e, posteriormente levou, á colocación de parquet macizo de tablillas de madeira encolada disposto sobre base de cola de poliuretano. O acabado superficial do novo solado realizásese en verniz e posterior pintado das liñas de xogo.

Visita a Guitiriz

A axenda do secretario xeral completouse cunha visita á localidade de Guitiriz, para coñecer o resultado das obras de construción dunha Pista Polideportiva, acompañado durante a visita pola alcaldesa do concello, Regina Polín Rodríguez.

Lete Lasa manifestou a súa satisfacción polo resultado desta actuación, que supuxo un investimento de 23.555 euros e que foi posible grazas ao convenio asinado en xullo entre la Secretaria Xeral para o Deporte, que achegou 20.000 euros, e o Concello, que destinou 3.555 euros.

Ademais defendeu o papel destas instalacións para favorecer a práctica deportiva e o exercicio físico e subliñou o deber das administracións de promover a vida activa das persoas e de poñer ao seu alcance os recursos axeitados.

22 de outubro de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.