publicidade hoxe

Lete Lasa revisa as obras realizadas no campo de fútbol de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta maña as obras realizadas no campo de fútbol de Celanova, actuacións financiadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación de Ourense e o Concello de Celanova. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Mª Sol Díaz Mouteira, polo deputado de Deportes, Juan Anta, e polo alcalde da localidade, José Luis Ferro.

A actuación supuxo un investimento de 250.000 euros e consistiu na substitución da base de terra por unha de céspede artificial, ampliándose tamén a súa superficie, e coa que se mellorarán a calidade e dimensións da dotación deportiva o que permitirá a súa utilización por un maior número de usuarios.

Lete Lasa manifestou a súa satisfacción por esta mellora, lembrando que é obriga da Administración poñer todos os medios posibles para mellorar as infraestruturas e os equipamentos deportivos da Comunidade Autónoma, como ferramenta ao servizo do deporte galego e do fomento do exercicio físico en todos os sectores de poboación.

Visita A Peroxa

A axenda do secretario xeral completouse cunha visita á localidade de A Peroxa, para coñecer o resultado das obras de construción da cuberta da bancada do campo de fútbol de “O Marco”, e na que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Mª Sol Díaz Mouteira e polo alcalde do concello, Manuel Seoane.

As obras, cun investimento de máis de 41.000 euros, realízanse tralo convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello o pasado mes de agosto, e son sufragadas integramente polo departamento de Deportes da Xunta de Galicia.

O titular de deportes da Xunta, animou aos responsables do goberno local a seguir traballando no fomento do deporte, en colaboración coas entidades deportivas, estendendo a súa práctica a todos os sectores da poboación como ferramenta de saúde e de crecemento persoal.

26 de outubro de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.