publicidade hoxe

Lete Lasa avoga polo fomento do deporte como medio de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe a localidade de Marín para coñecer o resultado da remodelación dos vestiarios do Pavillón Deportivo do Sequelo, acompañado pola alcaldesa Maria Ramallo.

A mellora desta instalación consistiu na demolición e reacondicionamento dos vestiarios (substitución de portas, aparatos sanitarios, mesado de lavabos) e no cambio das instalacións de fontanería e eléctrica, actuacións que se facían necesarias para dotar o pavillón das condicións axeitadas para a práctica deportiva tanto dos escolares do centro como dos veciños en xeral. A reforma supuxo un investimento de máis de 48.000 euros e foi posible grazas ao convenio asinado en setembro entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello.

Lete Lasa manifestou a súa satisfacción por esta mellora, lembrando que é obriga da Administración autonómica poñer todos os medios posibles para mellorar as infraestruturas e os equipamentos deportivos da Comunidade Autónoma, como ferramenta ao servizo do deporte galego e do fomento do exercicio físico en todos os sectores de poboación.

Neste sentido, considerou que este tipo de actuacións forman parte da vontade e do deber da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades entre todos os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e animou aos responsables do Concello de Marín a seguir impulsando a práctica deportiva, especialmente dende o punto de vista da saúde e do benestar dos veciños.

21 de outubro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.