publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Interceptan a unha condutora de 85 anos circulando en sentido contrario pola AP-9

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron a pasada noite a unha condutora de 85 anos que circulaba en sentido contrario ao da marcha dos demais vehículos pola AP-9, segundo informa a Benemérita.

As chamadas telefónicas alertando do suceso situaban á muller á altura do quilómetro 12, da citada vía, ao seu paso polo termo de Cambre (A Coruña).

A condutora foi interceptada polos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, en torno ao quilómetro 5 da autoestrada, no municipio de Culleredo, e circulando dirección A Coruña nos viarios de sentido Tui.

Cando a muller foi abordada polos gardas, estes constataron que estaba bastante desorientada. Por estes feitos, os axentes formalizaron unha denuncia por infracción moi grave ao Regulamento Xeral de Circulación.

Tamén presentaron unha proposta para que á condutora se lle faga un exame médico con carácter extraordinario para pescudar “se reúne as aptitudes psicofísicas necesarias para a condución”, explica.

26 de outubro de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.