publicidade hoxe

Inspeccións de vehículos agrícolas en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Vehículos pasando a ITV

Vehículos pasando a ITV

Onte, xoves 8 de outubro, unha unidade móvil de Inspección Técnica de Vehículos, situada diante do Cuartel da Garda Civil , estivo realizando inspeccións a numerosos vehículos agrícolas de todo o Concello.

A realización destas inspeccións xa son importantes de por sí, pero esa importancia está inda máis que xustificada pola antigüidade dalgúns dos tractores do amplo parque existente. Con isto preténdese mellorar a seguridade dos usuarios destes vehículos e, en definitiva, de tódolos veciños.

9 de outubro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.