publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

InserAmes Brión inicia a formación de 80 persoas dos dous municipios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesBrión
A-
A+

O Concello de Ames continúa coa súa aposta pola formación e o emprego dentro da que se enmarca o programa InserAmes Brión, que xa comezou a súa oitava edición. É a terceira ocasión na que Ames e Brión cooperan na implementación de políticas locais de apoio na inserción laboral e o autoemprego. Un total de 80 persoas desempregadas dos dous municipios, todas elas menores de 30 anos e de baixa cualificación, comezan a súa formación a través dun programa que se desenvolverá ata o 31 de agosto de 2016. InserAmes Brión conta cun orzamento total de 194662.20 euros e está cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e os dous concellos.

A prioridade das accións previstas a desenvolver nesta edición céntranse na intermediación laboral e o apoio ao emprendemento e levaranse a cabo nas dependencias do centro de formación que o Concello de Ames ten en Aldea Nova e noutras instalacións do Concello de Brión. Ao rematar a formación, os alumnos e alumnas realizarán prácticas non laborais en empresas.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, visitou aos alumnos e profesores deste programa e destacou a importancia desta iniciativa de formación que “pretende mellorar as posibilidades de acceso ao emprego de cada un dos participantes, por conta propia e por conta allea, a través tanto da formación transversal como da formación deseñada especialmente segundo os perfís dos participantes, os sectores e as ocupacións con mellores perspectivas do mercado”. Ademais, Isabel González animou aos participantes “a aproveitar este programa para mellorar as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral”. 

O programa InserAmes Brión inclúe diferentes liñas de actuación. Deste xeito, levaranse a cabo itinerarios personalizados de inserción para mellorar a ocupabilidade dos participantes. Tamén se realizará formación transversal na que se fará fincapé, principalmente, na relacionada coas técnicas de comunicación e coas habilidades sociais para a busca de emprego.

Ademais, incidirase na alfabetización informática, no aprendizaxe do inglés, prevención de riscos laborais e na manipulación de alimentos. O programa inclúe, igualmente, un obradoiro de uso das redes sociais para a busca de emprego, a marca persoal, un obradoiro de elaboración de Currículum Vitae e procura de emprego por Internet e outro de entrevistas de traballo e probas de selección.

Este programa conta tamén con tres cursos de formación específica para o emprego de cara o ano 2015. Son o de técnicas básicas de produción téxtil, de 200 horas, o de operacións auxiliares de almacén, de 120 horas, e o de operacións auxiliares de comercio, que consta de 70 horas. Os tres cursos contan con módulos de prácticas non laborais en empresas que se desenvolverán ao rematar a formación teórica.

Inserción laboral

O pasado mes de xuño rematou a sétima edición do programa InserAmes Brión. Tendo en conta os 80 participantes, que iniciaron o programa, máis as 5 substitucións que realizaron as diferentes actividades no integrado, alcanzouse un 47.5% de inserción laboral (para iso houbo que ter 3 meses ou más de contrato) dende que se puxo en marcha este programa no mes de setembro de 2014. En total, os participantes asinaron 59 contratos laborais.

Ao longo de todo o período de duración do programa realízanse tarefas de prospección de empresas e intermediación laboral, xa que se considera que esta fase é imprescindible para a operatividade das accións concretadas no itinerario, como son as prácticas non laborais e para o logro do obxectivo final de todo o proceso, a inserción laboral.

21 de outubro de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.