publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal nas Neves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Vigo informaron esta mañá da imputación dun veciño das Neves como presunto autor dun incendio forestal neste concello pontevedrés.

O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de Rubios, no concello de As Neves coma consecuencia dunha queima de restos agrícolas nas inmediacións de montes de piñeiros, nas que non se adoptaron as medidas regulamentarias preceptivas. O lume afectou a unha superficie aproximada de 2.000 metros cadrados de piñeiros.

Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución numero 1 de Ponteareas. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 68 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

27 de outubro de 2015 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.