publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finalizadas as obras de remodelación da escola infantil de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Xornada de portas abertas

Xornada de portas abertas

A Escola Infantil Municipal de Xove foi obxecto durante dos meses de agosto e setembro dunha importante reforma. Coa mesma, a gardería gana en funcionalidade ao contar con tres unidades diferenciadas (0-1, 1-2, 2-3), unha  sala de usos múltiples máis ampla,  modificación e ampliación de baños e equipamento do office. Ademais, procedeuse a reformar a instalación eléctrica, cambio de chan e carpintería, illamento do edificio,…etc. As novas cores coa que se pintou e unha nova iluminación fan que os espazos sexan moito máis luminosos, o que sen dúbida vai facer moito máis agradable a estadía dos nenos/as na gardería, e como non, tamén a das súas coidadoras.

Unha vez rematadas as obras, por parte do Concello procedeuse a decorar e amoblar os distintos espazos, polo que a Escola xa está totalmente operativa. Antes de comezar a súa actividade normal, e co fin de que os papás viran como quedou a gardería tras estas importantes reformas, o Concello organizou para hoxe unha xornada de portas abertas dende  as 9.00 ata  as 14:00 horas.

O investimento nestas  obras de reforma foi de 59.929, 61€, financiado integramente con fondos municipais.

Por último, decir que a Escola vai comezar o seu funcionamento normal o vindeiro luns 19 de outubro.

16 de outubro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.