publicidade hoxe

Finaliza o curso de peixeiro profesional en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+
Curso de peixeiro

Curso de peixeiro

O luns 19 de outubro rematou o primeiro Curso de Peixeiro/a Profesional organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Comercio, curso  impartido na cociña do Parque Público A Canuda. Neste curso impartíronse os coñecementos  para realizar o despacho de peixe de forma adecuada, coñecer o modo de compra dos produtos da pesca na lonxa, realizar o lavado, descabezado, eviscerado, escamado e fileteado de peixes, así como coñecer os sistemas de conservación, con partes teóricas, onde se examinaron os diferentes peixes de auga doce e salada, crustáceos e tipos, moluscos, equinodermos, técnicas de comprobación do grado de frescura do peixe, útiles de traballo e equipos da peixería, normas e características de almacenamento do peixe e marisco, desconxelación de produtos, métodos e efectos, envases e presentación de produtos, hixiene alimentaria na venta de peixe,  cálculo de precios do peixe e técnicas de venta.

Na parte práctica traballouse os procedementos para a limpeza do peixe e preparación para peixes brancos, peixes azules, salmón, cefalópodos e outras especies menos habituais que se trouxeron para mostrar.

E por outro lado, onte deu comezo, tamén na cociña do Parque Público A Canuda, o  curso de Carniceiro/a Profesional, que se enmarca dentro da programación formativa do segundo semestre que oferta o Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Comercio.

Este curso, no que participan 16 alumnos/as, divídese en varios puntos, como é a seguridade e  hixiene no posto de traballo, útiles e  maquinaria necesaria para levar a cabo o traballo, control de temperaturas e cadea de frío, protocolo sanitario, recepción de mercancía, canais e razas  diferenciando por idade e peso, despece detallado, montaxe de expositor, atención ao cliente, fabricación de elaborados e asignación de lotes.

20 de outubro de 2015 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.