publicidade hoxe

Fecimo recibe unha mención a nivel nacional polo traballo en prol do asociacionismo comercial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoaña
A-
A+

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo recibiu unha gran noticia fai uns días cando lle foi comunicado dende o Ministerio de Economía e Competitividade que lle fora concedida unha MENCIÓN HONORÍFICA nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2015.

Xosé Bangueses e Mar Lorenzo desplazáronse hoxe a Madrid para asistir ao acto de entrega de premios, presidido polo Secretario de Estado de Comercio D. Jaime García-Legaz Ponce, máxima autoridade a nivel nacional en materia comercial, que entregaba os galardóns coa Delegada do Goberno de España na Comunidade de Madrid.

Os premios Nacionais de Comercio Interior foron creados no ano 1997 co obxecto de galardoar por un lado a labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial; por outra banda a labor dos pequenos comercios no desenvolvemento comercial e modernización empresarial; e tamén, nunha terceira categoría, a labor do asociacionismo comercial, potenciando o desenvolvemento dos Centros Comerciais Abertos.

A mención entregada a FECIMO como federación comercial sen fins de lucro valorou positivamente aspectos como o desenvolvemento dos CCA –Centros Comerciais Abertos, as actuacións de promoción e a creación dunha imaxe colectiva, o desenvolvemento de sistemas de fidelización de clientes, a posta en marcha de programas de animación comercial e o número de asociados e sectores que abarca, entre outros méritos.

FECIMO quere compartir este recoñecemento fundamentalmente coas empresas asociadas, así como con todas as administracións públicas e entidades colaboradoras que durante todos estes anos apoiaron a súa labor, en especial aos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e ABANCA.

É un orgullo recibir este recoñecemento a unha organización na que comerciantes dos tres concellos traballan de maneira conxunta en campañas e actividades dende a súa fundación no ano 2000. Un trociño desta mención perténcelle a todos eles, que son os verdadeiros protagonistas, os que día a día loitan polo seu negocio a pé de rúa. Esta MENCIÓN HONORÍFICA supón un premio que lles da forzas para seguir adiante.

27 de outubro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.