publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece un dos feridos na colisión entre un coche e unha furgoneta en Guntín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntínPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un dos oito feridos na colisión entre un coche e unha furgoneta acontecida este mércores na N-540 nas inmediacións de Guntín (Lugo) faleceu, mentres que outro se atopa na UCI. En concreto, trátase dun home galego de 69 anos que viaxaba no turismo e tivo que ser excarcerado do vehículo polos bombeiros de Chantada e o GES de Monterroso.

Unha colisión entre un coche e unha furgoneta na que viaxaba unha delegación de empresarios coreanos na N-540, nas inmediacións de Guntín, deixou un falecido e sete persoas feridas na mañá deste mércores nun accidente acontecido sobre as 9,10 horas.

Ata o lugar tamén se trasladou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, tres ambulancias e persoal sanitario do centro de saúde de Guntín.

Ademais do home falecido, houbo sete feridos, tres homes e catro mulleres. Os homes son J.J.P. (52 anos); J.S.E. (32 anos); e J.P. (61 anos). As mulleres son: E.L.J. (24 anos); J.L. (31 anos); K.S. (49 anos) e J.K.H. (47 anos).

28 de outubro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.