publicidade hoxe

Evacuada en helicóptero unha traballadora dunha conservera do Grove tras sufrir a amputación dunha man

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GroveSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller foi evacuada en helicóptero medicalizado este venres tras sufrir un accidente laboral nunha conserveira na localidade do Grove (Pontevedra). Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 17,00 horas deste venres cando un particular alertou de que a ferida, traballadora dunha conservera, sufriu a amputación dunha man.

Por iso, solicitouse a presenza de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou a aeronave para evacuar a muller a un centro hospitalario de Vigo. Ademais foron informados os efectivos de Protección Civil do Grove e as forzas da orde.

16 de outubro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.