publicidade hoxe

Economía, Emprego e Industria impulsa a modernización da praza de abastos de Noia con 70.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+
Sol Vázquez na visita á praza de abastos

Sol Vázquez na visita á praza de abastos

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a praza de abastos de Noia, unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade na que se están a realizar melloras cunha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria de máis de 7.000 euros.

As actuacións céntranse na rehabilitación do pavimento na planta baixa e nas escaleiras, e súmanse a outras realizadas en anos anteriores destinadas a impulsar o aforro enerxético no mercado ou á rehabilitación da cuberta, entre outros. En total, o Goberno galego apoiou con máis de 270.000 euros a praza de abastos noiesa desde 2009.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por 860.000 euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en colaboración con 24 concellos da provincia da Coruña, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

23 de outubro de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.