publicidade hoxe

Economía, Emprego e Industria apoia con 30.000 euros a ampliación da praza do mercado de Ponte Carreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Sol Vázquez e Belén do Campo na visita a Frades

Sol Vázquez e Belén do Campo na visita a Frades

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a praza do mercado de Ponte Carreira (Frades), unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio local na que está realizando melloras o Concello, ao que a Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha axuda por preto de 30.000 euros. As actuacións previstas céntranse na ampliación, adecuación e modernización do espazo público destinado ao mercado tradicional que se celebra os días 12 e 26 de cada mes.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por 860.000 euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en colaboración con 24 concellos da provincia da Coruña, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

Os concellos que realicen melloras nas prazas de abastos deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

8 de outubro de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.