publicidade hoxe

Deporte en familia no Porriño coa Marcha Popular en bicicleta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+

O Porriño acolle esta fin de semana a Marcha Popular en bicicleta, que inicialmente estaba programada para o pasado domingo, 4 de outubro, pero que tivo que aprazarse por cuestións climatolóxicas; está dirixida a todo o público en xeral e para todas as idades, polo que resulta unha actividade máis que recomendable para gozar en familia. 

A Marcha sairá ás 10:30 h do próximo domingo 18, dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios en dirección á Avenida Bos Aires, posteriormente os participantes tomarán o desvío cara á estrada Mosende – Torneiros en dirección ao Velódromo, pasando polas parroquias de Pontellas e Mosende para volver novamente por Torneiros en dirección ao centro de Porriño. 

En total serán 14 km de trazado cunha duración aproximada de 2 horas, nos que se recorda a todos os participantes a obrigación de levar posto o casco durante o transcurso da marcha. 

A meta estará situada na propia praza do Concello, no mesmo lugar de saída e no que se repartirán trofeos para o participante máis novo, o de maior idade, a familia máis numerosa e á bicicleta máis orixinal.

Pero ademáis, coas papeletas entregadas a cada participante no momento da inscripción, realizarase un sorteo ao final da marcha no que haberá diversidade de agasallos.

16 de outubro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.