publicidade hoxe

Curso sobre actitude emprendedora en Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArbo
A-
A+

O concello de Arbo impartirá un curso sobre “ Actitude emprendedora e Oportunidades de negocio”  dirixido a mocidade arbense   con idades comprendidas entre os 16  e 35 anos. O contido do curso basearase  na capacidade emprendedora e na análise de oportunidades e ideas sobre o pequeno negocio ou microempresas, sendo o seu obxetivo, tratar de atopar saídas ás situacións de desemprego que viven actualmente os xoves.

A duración do curso será de cinco días e impartirase  na aula de informática da Antiga Escola de Cabeiras. Os interesados deberán contactar co Concello en horario de ofinina.

5 de outubro de 2015 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.