publicidade hoxe

Curso de prevención de riscos laborais e charla sobre seguridade nas queimas en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Actividades programadas para esta semana no Concello de Bande:

– Este mércores día 28 de outubro remata o prazo para inscribirse no curso de “prevención de risco laborais en explotacións agrogandeiras”. Inscrición gratuíta. 20 prazas. Datas de celebración: do 3 ao 7 de novembro. 10 clases teóricas: 3 e 4 de novembro de 15:00h. a 20:00h. na primeira planta do concello e 12 horas prácticas: do 5 ao 7 de novembro de 15:00h. a 19:00h. nunha explotación agraria. Requisitos: vinculación co sector agrario. Máis info e inscrición: oficinas municipais.

– Día 28 de outubro ás 11:00h. no salón de actos do concello, en colaboración co Distrito Forestal XV da Consellería do Medio Rural, vaise impartir unha charla sobre “A SEGURIDADE NAS QUEIMAS FORESTAIS”.

26 de outubro de 2015 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.