publicidade hoxe

Curso de monitor de tempo libre en Vilaboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

Dende o 9 de novembro ao 24 de decembro impartirase en Vilaboa un curso de monitor de ocio e tempo libre. O curso levarase a cabo ben de mañá en horario de 9.00 ás 15.30 h. ou pola tarde en horario de 15.30 a 21.30 h., segundo o interese da maioría dos alumnos.

O prezo será de 200 euros e o pago poderá realizarse de xeito fraccionado. Dito curso ten unha duración de 200 horas teóricas, 150 horas prácticas e hixiene alimentaria. Os alumnos recibirán unha titulación oficial da Xunta de Galicia.

Para máis información ou inscricións os interesados disporán ata o 30 de outubro no Concello de Vilalba, no teléfono 986 70 82 15 – 986 70 82 52 ou no mail vilaboa@concellos.depontevedra.es

13 de outubro de 2015 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.