publicidade hoxe

Curso de carniceiro en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Hoxe, 19 de outubro de 2015, empezou na cociña do Parque Público A Canuda o curso de Carniceiro/a Profesional, organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Comercio de Vigo.

Este curso, no que participan 16 alumnos/as, divídese en varios puntos, como é a seguridade e  hixiene no posto de traballo, útiles e  maquinaria necesaria para levar a cabo o traballo, control de temperaturas e cadea de frío, protocolo sanitario, recepción de mercancía, canais e razas  diferenciando por idade e peso, despece detallado, montaxe de expositor, atención ao cliente, fabricación de elaborados e asignación de lotes.

19 de outubro de 2015 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.