publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cuarta xornada de deliberación do veredicto no caso Asunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada esquerdaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

O xurado popular que debe decidir a culpabilidade ou non de Rosario Porto e Alfonso Basterra na morte da súa filla Asunta retomou este xoves por cuarta xornada as deliberacións en Santiago para alcanzar un veredicto.

Segundo sinalou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os nove integrantes do xurado retomaron sobre as 9,30 horas deste xoves as deliberacións tras concluír na noite do mércores a terceira xornada sen veredicto.

En concreto, as deliberacións comezaron na tarde do luns, despois de que o maxistrado Jorge Cid Carballo lles fixese entrega do obxecto de veredicto, un conxunto de 21 preguntas sobre a implicación de cada un dos acusados -ou de ambos os dous- nos feitos, que deberán responder para chegar a un veredicto de culpabilidade ou inocencia.

Durante o proceso, todos os xurados deberán expresar o seu parecer sobre cada un dos puntos e votar se os consideran probados ou non. Para cada unha das respostas, deberán argumentar os motivos polos que se decantan por esa opción e explicitar as probas e testemuños que apoian a súa decisión.

Durante o tempo que duren as deliberacións, que non teñen límite máximo, os xurados permanecerán sempre xuntos e illados de influencias externas.

29 de outubro de 2015 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.